venres, 26 de xuño de 2015

O TEMPO E O REFRANEIRO POPULAR GALEGO

No transcurso da 2ª avaliación, na materia de Lingua Galega, fíxose unha actividade de recollida de ditos e refráns populares relacionados co tempo, o clima, coas estacións, coas costumes asociadas a cada mes,...
Recolléronse moitísimos pero aquí vamos a seleccionar os máis orixinais e diferentes:


  • Por San Blas, hora e media máis. (Rama Caamaño, Saray)
  • Por Santa Lucía, sácalle á noite e mételle ao día. (Rama Caamaño, Saray)
  • Choverá hoxe? Á noite dígocho. (Rama Caamaño, Saray)
  • Nadal enxoito, nin poucos nin moitos. (Muíño Domínguez, Silvia)
  • En abril, augas mil. (Muíño Domínguez, Silvia)
  • Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol cun saquiño de alfileres para espetarlle no cu ás mulleres. (Suárez Pardiñas, Sara)
  • Cando Marzo ven quente, anda o demo no dente. (Suárez Pardiñas, Sara)
  • Ano seco tras mollado garda a lá e vende o fiado. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Brúa alba, tempo en calma. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Cando de Torrente zoa, metade do inverno xa vai fóra. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Lúa chea e mollada son dez días de augada. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Tronos con lúa nova, prepárense para que chova. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Ave de mar que busca madrigueira anuncia o temporal desta maneira. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • As vacas que moito saltan vento traen e calma espantan. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Cando o ceo está de lan, se non chove hoxe choverá mañá. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Cando os burros moito ornean queren dicir que as varas abanean. (Costa Blanco, Eloy Manuel)
  • Marzo, marzal, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can. (Negreira Danza, Alba)
  • En San Xoán a auga tolle o trigo e non da pan. (Suárez Tuñas, Noelia)
  • Para ter un bo alleiro hai que plantar en febreiro. (Suárez Tuñas, Noelia)
  • Por San Vicente planta os nabos da semente. (Suárez Tuñas, Noelia)
  • Ai, como chove! Ai, como trona! Aiii, como chora a tía Ramona. (Suárez Santos, Uxía)
  • Arco da vella, marcha de aí, que as nenas bonitas non han de ser para ti. (Suárez Santos, Uxía)
  • Xa nace o trigo, xa temos pan. Xa canta o cuco, xa temos verán. (Suárez Santos, Uxía)
  • Arco da vella ao poniente, deixa os bois e vente. Arco da vella ao saliente, fálalle aos bois para diante. (Suárez Casstiñeira, Marta)
  • Come máis unha xiada de febreiro ca todos os cabalos do reino. (González, Ismael)
  • A vella que soubo vivir gardou pan para maio e leña para abril. (González, Ismael)
  • Ano de moitos ourizos, non prepares o canizo. (González, Ismael)
  • O verán de San Martiño pode ser grande ou pequeniño. (Amigo Varela, Laura)
  • No vendaval a troita salta ao herbal e se cadra en Corme, a troita dorme. (Amigo Varela, Laura)
  • Ano que ata o nove de xaneiro neva moito, pan espera. (Rey Esperante, Silvia)
  • En non chovendo en Noiteboa, non hai sementeiro bo. (Rey Esperante, Silvia)
  • Chovendo o día de Santa Bibiana, chove corenta días e unha semana. (Rey Esperante, Silvia)
  • Xeo en cruz de maio sempre fai dano. (Rey Esperante, Silvia)
  • Cando ven a andoriña, o verán está enriba. (Rey Esperante, Silvia)

A Orixe das estacións do ano "O Mito de Perséfone"

O nacemento das estacións do ano según a mitoloxía grega, ven explicado a través do mito de Perséfone, e así llelo contamos aos alumnos e alumnas de Educación Infantil nunha enriquecedora xornada de teatro para nenos na biblioteca do colexio.

Tanto 4º da ESO como Educación Infantil, abordamos o tema das estacións do ano dentro do proxecto “Meteoescolas”, dándolle nós un enfoque mitolóxico dentro da asignatura de “Cultura Clásica”.

Deste xeito, alumnas de 4º da ESO puideron completar o traballo sobre a meteoroloxía na época clásica, escenificando este fermoso mito cunha actuación de guiñoles representada para os pequenos de E.Infantil, que xa traballaran nas súas aulas sobre as estacións do ano.


 

xoves, 25 de xuño de 2015

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA- METEOGALICIA E MUSEO DE HISTORIA NATURAL LUIS IGLESIAS

Alò polo mes de febreiro, en coordinación co Departamento de Lingua Galega, organizamos unha saída a Santiago para visitar Meteogalicia e o Museo de Historia Natural, co alumnado de 3º ESO.

A primeira hora da mañá recibiunos Ana, a Coordinadora de Meteogalicia, e en primeiro lugar asistimos en directo a unha retransmisión radiofónica do tempo para o Concello de Lalín e posteriormente,  deunos unha charla sobre conceptos sobre o tempo e o clima, xa traballados na aula. De seguido, outra traballadora do centro estivo ensinándonos distintos aparellos que se usan nas estacións meteorolóxicas. A verdade é que foi ben interesante!!!


Cando rematamos aquí fomos ao Museo de Historia Natural  Luis Iglesias, onde puidemos observar a flora e fauna típica dos distintos ecosistemas galegos así como unha ampla exposición de mineraloxía dos cinco continentes.

A METEOROLOXÍA EN CULTURA CLÁSICA

Na materia de Cultura Clásica de 3º e 4º ESO traballouse a meteoroloxía desde dous aspectos: por un lado, o alumnado buscou información sobre a relación entre o nome dos planetas e os nomes dos deuses gregos e romanos; e por outro lado, analizaron a meteoroloxía clásica desde o punto de vista de como é tratada pola mitoloxía grega e romana.

Podedes ver todo o traballo que se fixo nas seguintes presentacións:

EXPOSICION "EXPOMETEORO"

Ao longo de dúas semanas durante a 2ª avaliación, tivemos o gusto de contar coa Exposición "Expometeoro" nos corredores do cole, e aproveitamos, tanto Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, para visitala e facer distintas actividades: recollida de información sobre diferentes conceptos meteorolóxicos, cuestionarios de avaliación de Ciencias da Natureza de 2º ESO, etc.








ACTIVIDADES PROXECTO METEOESCOLAS- EDUCACIÓN INFANTIL

Realizouse durante todo o ano o "Panel do Tempo" no cal se analizou o tempo de forma colectiva, seleccionando a peza gráfica que mellor simbolizaba o tempo que facía.
Observación do entorno, buscando roupas, refráns, poesías... sobre cada estación e analizando o porqué de cada resposta.
Xogos lóxicos, como emparellar imaxes con conceptos, bonecos das estacións,...
Saídas da aula, comprobando os cambios que se producen ao noso redor coa variación do tempo.
Visita de 5º E.I. á estación situada no xardín do cole para ver a temperatura, canto choveu, como se anota e leva un rexistro diario,...
Elaboración do libro do tempo, de forma colectiva e aportacións individuais do alumnado.
Conclusións: o tempo é efímero, ten unha parte repetitiva (paso dos días, dos meses,..) e é cuantificable (meses, anos, días de sol,...)


ACTIVIDADES PROXECTO METEOESCOLAS- TECNOLOXÍA 2º ESO- Sección bilingüe

Dentro da unidade didáctica "Software" o alumnado realizou  as seguintes tarefas:

  • Elaboración dun climográma empregando a  aplicación LibreOffice Calc.

Para a realización da tarefa o alumnado debía visitar a páxina web de Meteogalicia, localizar  a estación meteorolóxica sobre a que realizaría o climograma, seleccionar os datos necesarios e descargalos. Posteriormente os datos debían organizarse nunha tabla á cal tiñan que aplicarlle o correspondente formato e calcular as medias e os totais cando correspondera. Cos datos da tabla debían crear un gráfico e modificar os elementos correspondentes para que a información se presentara con claridade.

  • (Voluntaria) Elaboración dun gráfico de temperaturas máximas e mínimas empregando a aplicación LibreOffice Calc.

Para a realización da tarefa o alumnado debía visitar a páxina web de Meteogalicia, localizar  a estación meteorolóxica sobre a que realizaría o gráfico, seleccionar os datos necesarios e descargalos. Posteriormente os datos debían organizarse nunha tabla á cal tiñan que aplicarlle o correspondente formato. Cos datos da tabla debían crear un gráfico e modificar os elementos correspondentes para que a información se presentara con claridade.

Algunhas destas actividades poden ser vistas e revisadas a continuación:
Climogramas